TEATRO DO ASTRACÁN nace a partir do traballo
desenvolvido por Francisco Rei ao fronte da Escola de Teatro da Asociación
Artística de Cuntis. Tras sete anos de formación continuada, diversos
monográficos en técnicas básicas como improvisación, clown, interpretación
dramática ou movemento escénico e seis montaxes teatrais amadores, parte dos
alumnos e alumnas dos grupos adulto e xuvenil da devandita Escola de Teatro
deciden dar un paso cara a súa profesionalización dentro da escena galega e
irrompen con forza e ilusión con esta súa primeira producción cómica.
Francisco Rei é o director artístico de Teatro do Astracán. É membro de Os Sete
Magníficos máis Un, Produccións Acontrabutaca e Bagunça Teatro e monitor
teatral especializado en clown. Con estas compañías e desde 2001 ten
participado en 15 espectáculos profesionais. Como mestre, é responsábel da
Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis desde 2004 e da Aula de
Teatro Municipal de Teo desde hai catro anos. Ademais, imparte regularmente
cursos de iniciación ao clown.
Para esta primeira produción contouse coa dirección de Evaristo Calvo, recoñecido director, actor e dramaturgo da escena galega e estatal contemporánea. 50% de Mofa e Befa, promotor de Producións Excéntricas, presente na maioría das producións audiovisuais galegas ...
Para esta primeira produción contouse coa dirección de Evaristo Calvo, recoñecido director, actor e dramaturgo da escena galega e estatal contemporánea. 50% de Mofa e Befa, promotor de Producións Excéntricas, presente na maioría das producións audiovisuais galegas ...
O
elenco deste espectáculo está encabezado polo actor, clown, cómico e
contacontos Pedro Brandariz, membro
de Os Sete Magníficos máis Un, habitual de espazos televisivos como Luar ou a teleserie Para Mariñeiros Nós,
presentador da última gala dos premios María Casares e cunha ampla experiencia como monologuista.
Saleta Fernández e Fran Campos, formados na Escola de Teatro da Asociación Artística
de Cuntis, participaron en Co Voso Conto, espectáculo para
público xuvenil en torno á prevención da drogodependencia. Fran Campos é actor da compañía Acontrabutaca (Frantasmas), mologuista cómico e ten participado en diversas series
e programas de televisión, como Luar ou
Libro de Familia.
Completan
o reparto Rogelia dos Outeiros, Alberte
Torres e Abrahán Sande, igualmente
alumnos e alumnas da Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis que xa
contan cumpla ampla traxectoria no circuito teatral non profesional galego.
Ola!! Pois queríavos dicir que xa vimos o blog e que xa arranxamos o problema, é que eu fixérame un lío, pero xa está.
ResponderEliminarPor certo, Abrahán tes o reloxo do revés e miña nai e a máis guapa de todos jeje
un biquiño