As actrices e actores da compañía Teatro do Astracán entran
na última fase de ensaios do seu primeiro espectáculo “Ladrón e Familia”, un
espectáculo onde o principal ingrediente é a comedia.
Segundo as palabras das e dos componentes o proceso de
adaptación da obra orixinal de Darío Fó (Non hai ladrón que por ben non veña)
está sendo moi creativo, e sobre todo moi divertido, polo cal o resultado vai
ser un espectáculo de “moitas risas”.
Os ensaios estanse a desenvolver principalmente no Auditorio
Patelas do Concello de Cuntis, a través da colaboración da Escola Artística de
Cuntis. Pero xa queda pouco porque o “flamante espectáculo” será estreado no
próximo mes de abril.
Aínda que informaremos de todas as datas que xa teñen
confirmadas, tamén comunicamos que está aberto o período de contratación. Para
máis información sobre a contratación podedes chamar ó 981.582.836 ou escribir
un correo electrónico a info@culturactiva.org